Automatización PLC

Liña clasificadora automática para amostras de laboratorio

Get the Flash Player to see this player.

Baixo o conceito "chave en man", Decuna realizou para un laboratorio de análise de amostras de leite o deseño completo e posta en funcionamento dunha liña clasificadora automatizada con robot.

O propósito da liña é múltiplo:

  • colocar as amostras en "pucks" (bases plásticas que permiten o seu traslado nas carrileiras)
  • captura de datos, identificando cada amostra mediante leitura de código de barras e dándolle entrada no sistema
  • agrupar diferentes conxuntos de amostras en "racks" para a súa entrada ás máquinas de laboratorio
    • A liña integra diferentes máquinas que destapan as amostras, insertan un conservante e as voltan tapar. Un robot, cunha garra capaz de manipular tanto racks como amostras, realiza a colocación dos tubos nos racks e os coloca en bancadas para seren recollidas polos operarios e cargadas nas máquinas de análise.

Monitorización de plantas de enerxía solar. Sistema dec-solar

Planta de enerxía solarDispoñemos dun software de xestión para plantas de enerxía solar con seguidores (Sistema dec-solar). O noso software dec-solar xestiona e obtén datos relevantes dos equipos, por exemplo:

* produción de enerxía por inversor
* control de posición de seguidor solar
* visualización da meteoroloxía e control da planta respecto de estas condicións
* axuste manual de posición de seguidores

A visualización de datos pódese facer vía terminal ou vía web mediante unha conexión segura. O almacenamento de datos realízase nun servidor local ou nun remoto.

Incorpora telecontrol da planta e xestión de alarmas (alarmas por SMS ou correo electrónico). O Sistema dec-solar é personalizable a medida do cliente. Consúltenos para ofertas.

Controlo de seguidores solares sen manutención: dec-trac

Seguidor solar

O equipo de control de seguidores dec-trac foi realizado pensando en minimizar o custo das instalacións de energía solar, reducindo a cero a súa manutención. Usa componentes estándar, de grande fiabilidade e baixo custo.

dec-trac é un equipo robusto, con versións adaptadas a diversas tecnoloxías de seguimento:

- accionamiento hidráulico ou eléctrico
- instalacións no chan ou en cuberta
- alimentación monofásica ou trifásica
- seguimento a un ou dous eixos
- controlo centralizado ou autónomo
- lazo de controlo aberto ou fechado (con encoder ou inclinómetro)

A precisión de dec-trac (0,001º) é adecuada para esixentes instalacións con heliostatos (tecnoloxía de torre) ou concentración solar fotovoltaica (CPV).

Automatización dun transtocker para unha planta de asentos para automóveis

Transtocker

Decuna realizou, traballando conxuntamente cun integrador que proporcionou a parte mecánica da instalación, o deseño, automatización e posta en marcha dun "transtocker" (transportador elevador automático) para unha liña de produción de asentos para automóvel.

O transtocker permite un gran aforro de espazo para a planta produtora, así como unha optimización dos procesos produtivos para poder subministrar os asentos non só "Just in Time", senón "Just in Sequence" (na mesma orde que o fabricante de automóveis require na súa produción).

 

 

Automatización análise bacteriolóxica para laboratorio

Get the Flash Player to see this player.

Con esta automatización de proceso, Decuna aumentou notabelmente a produtividade nun laboratorio de análise de leite, concretamente na fase de análise bacteriolóxica.

A automatización realizada sobre equipos existentes permite a carga en automático das placas de semente bacteriolóxica desde os racks. Os racks, que conteñen 10 botes de amostras de leite, son cargados nun acumulador polos operarios do laboratorio. Estes racks van avanzando cara a zona de semente, onde as pipetas cargan as placas de amostras, e son trasladados á zona de descarga para seren recollidos polos operarios.

As placas de semente e as amostras van identificadas cunha etiqueta de código de barras. O sistema permite cruzar os datos das amostras e das placas, obtendo a trazabilidade total no proceso.

Deste modo, en caso de obter un positivo na análise, o software identifica inmediatamente:

  • a ubicación da mostra (para realizar unha contraanálise)
  • a explotación gandeira onde se orixinou
  • o animal ao que corresponde
Syndicate content