
Decuna realizou, traballando conxuntamente cun integrador que proporcionou a parte mecánica da instalación, o deseño, automatización e posta en marcha dun "transtocker" (transportador elevador automático) para unha liña de produción de asentos para automóvel.
O transtocker permite un gran aforro de espazo para a planta produtora, asà como unha optimización dos procesos produtivos para poder subministrar os asentos non só "Just in Time", senón "Just in Sequence" (na mesma orde que o fabricante de automóveis require na súa produción).

Esta instalación realiza o aporte de pasta de soldadura necesario en "coolers" para a industria da automoción. Esta pasta de soldadura permite un acabamento de alta calidade na peza, que despois da aplicación da pasta será introducida nun forno.
O aporte de pasta necesita ser feito con especial precisión. A mesma pasta presenta bastante variabilidade ao longo da súa aplicación, e necesita ser calibrada cada certo tempo.
Anteriormente, a operación era efectuada por un operario experto.
O robot introduce unha serie de melloras importantes no proceso:
Decuna realizou a aplicación baixo o conceito "chave en man", asumindo o deseño mecánico da mesma, a coordenación cos diversos fornecedores e a integración e posta en marcha do sistema na planta.
Get the Flash Player to see this player.
No seguinte vÃdeo, pódese ver a cabina en operación desde diversos ángulos.
Un útil deseñado a medida impregna a peza por dentro de pasta de soldadura. O contorno a ser soldado da peza é recuberto polo sistema por meio dunha agulla e do posicionamento co brazo do robot.
Nesta máquina, mentres se monta o produto final, un volante, realÃzanse tests mecánicos e eléctricos. A aplicación de software que controla a máquina comunÃcase integrándose co ERP do cliente, dando información de trazabilidade do produto.
As comprobaciones realizadas no proceso son as seguintes:
Un leitor de código de barras verifica o lote e secuencia de produción. Aliás, o PanelPC xera ordes de produción, e manexa o controlo da trazabilidade do produto.
Máquinas similares instaláronse noutras plantas en todo o mundo:
Decuna desenvolveu un sistema que, mediante o uso de técnicas de visión artificial, permite comprobar se a operación de usinaxe foi realizada nas 12 praias da gaiola de rolamentos das xuntas homocinéticas.
O sistema ten que ser capaz de, en menos de 2 segundo, detectar se a operación de usinaxe foi realizada de forma adecuada (dentro das marxes de tolerancias, sen refugallos de material...).
Estes requisitos tan esixentes son necesarios dado o tempo de ciclo do cliente. De todas formas, o sistema é capaz de realizar esta operación con grande fiabilidade cumprindo coas expectativas.


A máquina denominada Excello realiza seis operacións de usinaxe durante a fabricación das xuntas homocinéticas.
Esta operación require un control preciso realizado cunha máquina equipada cun control numérico CNC. Decuna programou esta máquina convenientemente para poder efectuar estas operacions sobre a peza.