Industria farmacéutica e química

Liña clasificadora automática para amostras de laboratorio

Get the Flash Player to see this player.

Baixo o conceito "chave en man", Decuna realizou para un laboratorio de análise de amostras de leite o deseño completo e posta en funcionamento dunha liña clasificadora automatizada con robot.

O propósito da liña é múltiplo:

  • colocar as amostras en "pucks" (bases plásticas que permiten o seu traslado nas carrileiras)
  • captura de datos, identificando cada amostra mediante leitura de código de barras e dándolle entrada no sistema
  • agrupar diferentes conxuntos de amostras en "racks" para a súa entrada ás máquinas de laboratorio
    • A liña integra diferentes máquinas que destapan as amostras, insertan un conservante e as voltan tapar. Un robot, cunha garra capaz de manipular tanto racks como amostras, realiza a colocación dos tubos nos racks e os coloca en bancadas para seren recollidas polos operarios e cargadas nas máquinas de análise.

Automatización análise bacteriolóxica para laboratorio

Get the Flash Player to see this player.

Con esta automatización de proceso, Decuna aumentou notabelmente a produtividade nun laboratorio de análise de leite, concretamente na fase de análise bacteriolóxica.

A automatización realizada sobre equipos existentes permite a carga en automático das placas de semente bacteriolóxica desde os racks. Os racks, que conteñen 10 botes de amostras de leite, son cargados nun acumulador polos operarios do laboratorio. Estes racks van avanzando cara a zona de semente, onde as pipetas cargan as placas de amostras, e son trasladados á zona de descarga para seren recollidos polos operarios.

As placas de semente e as amostras van identificadas cunha etiqueta de código de barras. O sistema permite cruzar os datos das amostras e das placas, obtendo a trazabilidade total no proceso.

Deste modo, en caso de obter un positivo na análise, o software identifica inmediatamente:

  • a ubicación da mostra (para realizar unha contraanálise)
  • a explotación gandeira onde se orixinou
  • o animal ao que corresponde

Programación de controlo de temperatura para armacén farmacéutico baixo GMP

Como parte de un proxecto de reforma de liñas de proceso nunha industria fabricante de biofármacos, Decuna realizou o control de temperatura do HVAC (climatización) da zona de almacén.

Esta programación foi feita para autómatas de Rockwell, cumprindo estrictamente as directrices marcadas por GMP/GAMP5®, coordenándose plenamente con outras fases da implantación das novas liñas de produto na fábrica.

Syndicate content