Get the Flash Player to see this player.
Baixo o conceito "chave en man", Decuna realizou para un laboratorio de análise de amostras de leite o deseño completo e posta en funcionamento dunha liña clasificadora automatizada con robot.
O propósito da liña é múltiplo:
A liña integra diferentes máquinas que destapan as amostras, insertan un conservante e as voltan tapar. Un robot, cunha garra capaz de manipular tanto racks como amostras, realiza a colocación dos tubos nos racks e os coloca en bancadas para seren recollidas polos operarios e cargadas nas máquinas de análise.
Get the Flash Player to see this player.
Co obxecto de automatizar a fabricación nun proceso de inxección de plásticos, Decuna implantou un robot de descarga e paletizado para atender dúas inxectoras.
A vantaxe principal é que o robot é capaz de descargar as pezas ao saÃren do molde da inxectora e colocalas en cestóns en automático. Isto principalmente aforra o custo de colocar dous brazos robots para cada máquina de inxección, facendo que un robot sexa capaz de servir ás dúas.
O robot recebe mediante comunicación coa inxectora os sinais necesarios para saber cando retirar a peza da mesma.
Alén diso, o robot tamén realiza un control de presencia de peza antes de paletizar, para poder detectar calquer tipo de erro ocasionado durante a inxección.
O traballo de Decuna comprendeu tamén facer unha simulación antes de realizar o proceso, co fin de estimar o tempo de ciclo e asentar as bases da programación dos movimentos do robot.
Get the Flash Player to see this player.
Para un fabricante de componentes electrónicos e de telecomunicacións, Decuna deseñou e puxo en marcha liñas de produción e ensamblaxe de componentes totalmente automatizadas, asà como sistemas robotizados de manipulación para carga e descarga de máquinas.
Nun dos proxectos, integráronse con un robot equipado con un manipulador neumático de vácuo dous sistemas de visión artificial:
- un para corrixir desviacións no posicionamento das placas a alimentar na máquina
- outro sistema de visión con láser controla a espesura destas placas, de modo que non se introduzan dúas placas xuntas na máquina.
Get the Flash Player to see this player.
Decuna suministrou e realizou a posta en marcha dun robot paletizador para caixas de cartón á saÃda dun almacén automatizado. As caracterÃsticas do material almacenado son diversas: caixas de diferente tamaño, peso e tipo de cartón, e cumprindo cuns requisitos esixentes de tempo de ciclo.
Para isto, Decuna deseñou a garra do robot, un sistema de agarre de caixas robusto e versátil, que se adapta a diferentes tamaños. O sistema admite tamén dúas dimensións de palets: 800x1200 e 1000x1200. A colocación de caixas no palet (mosaico) é tamén especial para cada tipo de referencia, podendo mesmo manexar palets incompletos e con referencias distintas.
O suministro incluiu un sistema para configurar as referencias a paletizar, asà como a posta en marcha e o sistema de seguridades.
Un programa PC desenvolto por Decuna permite a comunicación dos parámetros de palets (tipos de caixa, mosaicos), xerando automaticamente a colocación óptima das caixas no palet.

Esta instalación realiza o aporte de pasta de soldadura necesario en "coolers" para a industria da automoción. Esta pasta de soldadura permite un acabamento de alta calidade na peza, que despois da aplicación da pasta será introducida nun forno.
O aporte de pasta necesita ser feito con especial precisión. A mesma pasta presenta bastante variabilidade ao longo da súa aplicación, e necesita ser calibrada cada certo tempo.
Anteriormente, a operación era efectuada por un operario experto.
O robot introduce unha serie de melloras importantes no proceso:
Decuna realizou a aplicación baixo o conceito "chave en man", asumindo o deseño mecánico da mesma, a coordenación cos diversos fornecedores e a integración e posta en marcha do sistema na planta.
Get the Flash Player to see this player.
No seguinte vÃdeo, pódese ver a cabina en operación desde diversos ángulos.
Un útil deseñado a medida impregna a peza por dentro de pasta de soldadura. O contorno a ser soldado da peza é recuberto polo sistema por meio dunha agulla e do posicionamento co brazo do robot.