Dispoñemos dun software de xestión para plantas de enerxÃa solar con seguidores (Sistema dec-solar). O noso software dec-solar xestiona e obtén datos relevantes dos equipos, por exemplo:
* produción de enerxÃa por inversor
* control de posición de seguidor solar
* visualización da meteoroloxÃa e control da planta respecto de estas condicións
* axuste manual de posición de seguidores
A visualización de datos pódese facer vÃa terminal ou vÃa web mediante unha conexión segura. O almacenamento de datos realÃzase nun servidor local ou nun remoto.
Incorpora telecontrol da planta e xestión de alarmas (alarmas por SMS ou correo electrónico). O Sistema dec-solar é personalizable a medida do cliente. Consúltenos para ofertas.

Decuna realizou, traballando conxuntamente cun integrador que proporcionou a parte mecánica da instalación, o deseño, automatización e posta en marcha dun "transtocker" (transportador elevador automático) para unha liña de produción de asentos para automóvel.
O transtocker permite un gran aforro de espazo para a planta produtora, asà como unha optimización dos procesos produtivos para poder subministrar os asentos non só "Just in Time", senón "Just in Sequence" (na mesma orde que o fabricante de automóveis require na súa produción).
Unha alternativa ao transtocker é un almacén automatizado con carros móbiles. Ten vantaxes como que permite carga, descarga e operacións na zona de almacenaxe de forma simultánea. Deste xeito, pódese almacenar unha grande cadencia de produción e á vez descargar o material con grande velocidade e eficiencia.
Decuna realizou a instalación e posta en marcha do sistema, integrando o control dos carros móbiles e os satélites, asà como o software de control do almacén.
Un sistema de carga automatizada de camións reduce considerablemente o tempo de expedición fronte á operación con transpalets convencionais. O aparello encargado da carga foi tamén integrado por Decuna na instalación.
Vexa un vÃdeo do sistema en funcionamento:
Get the Flash Player to see this player.
Get the Flash Player to see this player.
Decuna suministrou e realizou a posta en marcha dun robot paletizador para caixas de cartón á saÃda dun almacén automatizado. As caracterÃsticas do material almacenado son diversas: caixas de diferente tamaño, peso e tipo de cartón, e cumprindo cuns requisitos esixentes de tempo de ciclo.
Para isto, Decuna deseñou a garra do robot, un sistema de agarre de caixas robusto e versátil, que se adapta a diferentes tamaños. O sistema admite tamén dúas dimensións de palets: 800x1200 e 1000x1200. A colocación de caixas no palet (mosaico) é tamén especial para cada tipo de referencia, podendo mesmo manexar palets incompletos e con referencias distintas.
O suministro incluiu un sistema para configurar as referencias a paletizar, asà como a posta en marcha e o sistema de seguridades.
Un programa PC desenvolto por Decuna permite a comunicación dos parámetros de palets (tipos de caixa, mosaicos), xerando automaticamente a colocación óptima das caixas no palet.
Decuna pode proporcionar o "know how" e a independencia dos fabricantes de maquinaria necesaria para a automatización de plantas de biomasa.
As plantas de biomasa gardan similitude con sectores como o da madeira, no que temos grande experiencia. Os procesos en planta, asà como a clase de maquinaria utilizada son asimilábeis.
Deste modo, Decuna pode proporcionar a monitorización dos seguintes parámetros: